Bom Jesus

Se visitas Braga, non te podes perder a igrexa de Bom Jesus, situada nas aforas, a 15 min en coche. É un dos monumentos máis visitado polos turístas.

















Pódese subir en funicular ou a pé. O funicular é o máis antigo de toda a península que funciona co contrapeso da auga dende 1832, como podemos ver no seguinte video.
É unha visita que non podedes perder, ide con tempo. A entrada é gratuita e o templo está aberto tódoslos días de 7.30 a 20h.






2ª parada: Oporto

Agora toca disfrutar dos barrios portuarios de Oporto e de degustar o seu coñecido viño. É unha cidade chea de vida, con rúas estreitas e outras en estado humilde e decadente que suben e baixan. Monumentos históricos, igrexas, museos, zonas comerciais, cafés con historia, cruceiros polo Douro, paseos co tranvía... Non hai tempo que perder, colle a cámara e fotos de ven a coñecela¡¡

Avenida dos Aliados

Propoñemos como lugar de partida para coñecer Oporto, a Avenida dos Aliados. A Avenida máis importante da cidade e un magnifico punto de partida para o turísta.






O final desta avenida encontrase a Praza da Liberdade. É unha pequena praza que une a parte vella ca parte nova da cidade.



Libreria Lello

A sete minutos camiñando desde a Praza da Liberdade encontramos a famosa Libreria Lello. A súa fachada presenta detalles modernístas e neogóticos


No seu interior destaca o yeso pintado imitando madeira, a escaleira de acceso a planta superior e as grandes xanelas no teito chaman moito a atención. Non podedes deixar pasar unha visita a esta librería xa que considero unha das máis fermosas que vin. 

A continuación podemos ver uns videos do interior da librería.




Torre dos Clérigos

A tres minutos da Librería Lello miramos o alto e atopamos a Torre dos Clérigos. É un dos símbolos da cidade, realizada en granito e ten unha altura de máis de 75 metros e o seu interior hai unha escaleira de 240 peldaños que accede a parte máis alta da torre, onde se observa unha das mellores panorámicas da cidade e do río Douro.



Café Majestic



Despois dun anano andando e disfrutando da cidade, imos a degustar un café no Café Majestic. Aquí tamén podedes descansar nos vellos cafés tal como fixemos en Braga. 



Oporto ofrece outros numerosos cafés como o Guarany tamen coñecido como o Café dos Músicos destacado por un ambiente moi dinámico e cun excelente servicio.
O seguinte video observamos o interior do café.



Casco antigo

Despois de repoñer forzas, propoñemos a visitar o casco antigo, declarado Patrimonio da Humanidade en 1996. O casco antigo pode levarlle dous ou tres días como mínimo percorrelo, xa que hay moitas cousas que ver. Pode iniciar o recorrido na Estación de tren de Sao Bento, de feito ten unha gran colección de azulexos, con escenas da vida cotidiana da xente que vive no norte de Portugal como mostran tamén outros numerosos edificios de Oporto.



Pode visitar a Catedral, o Museo de Arte e Arqueolóxica, a Muralla Primitiva e numerosas igrexas que se encontran en todo o casco antigo. 
É unha cidade antiga, polo que conta cun amplio patrimonio histórico, en moitos casos descuidado e cun certo aire decadente. Sen embargo, nas últimas décadas, Oporto foi sometido a unha amplia modernización.





Cruceiro polo río Douro


A zona máis interesante da cidade encontrase no muelle da Ribeira, situado na zona baixa da beira do río Douro. É unha especie de paseo marítimo pero fluvial cheos de bares e terrazas con moito ambiente.



Unha das principais atraccións turísticas é realizar un cruceiro sobre o río Douro. Existen varias empresas de cruceiros que o fan durante todo o día, e todos parten do muelle da Ribeira. Se tes a oportunidade de facelo, non dubides de que vai ser outra forma distinta de coñecer a cidade.



Este cruceiro tamén e coñecido como o Cruceiro das seis pontes, xa que durante a viaxe podes admirar as seis pontes que unen a cidade. A ponte máis coñecida é a ponte de Luis I.Consta de dous pisos , o superior de 392 metros de largo e o inferior de 174 metros. Sobretodo chama a atención o gran arco de ferro no centro.





Ponte Luis I

A Ponte Luis I ofrece vista espectaculares, tanto de día como de noite. A parte superior pasa o metro e na parte inferior a xente e os coches. Sen dúbida é o símbolo de Oporto¡¡







Transporte Público

Ainda que Oporto é unha cidade que se pode percorrer andando perfectamente, hai certos lugares que é case imprescindible utilizar transporte público.


METRO: O metro consta de 5 líneas. Realmente para o turista, non é o medio máis utilizado, xa que tedes que ter en conta que con él non se pode chegar ata a mayoría dos lugares de interés turístico.


TRANVÍAS: Converteuse nun atractivo turístico máis que un medio de transporte. Na actualidade tan solo funcionan media ducia, pero non deixan de ter certo encanto o dar un paseo nestes antigos carros eléctricos polo centro da cidade.





FUNICULAR: O funicular, máis coñecido como Funicular dos Guindais, constitúe dunha maneira elegante e pouco convencional de moverse entre os diferentes niveis da cidade.


AUTOBUSES: Se ben é a única forma de chegar a certos sitios sen camiñar, o autobús é un dos medios que non recomendo utilizar, xa que constantemente toman curvas imposibles en costas moi impinadas de forma que os viaxeiros deben agarrarse forte.

TAXIS: Os taxis son relativamente baratos e son bos para facer algúns traxectos. Todos os taxis son de color beige ou negros co teito verde.

3ª Parada: Guimarães

A nosa última parada é Guimarães, cidade de orixe medieval que ten a súas raices no remoto século X. A fermosa cidade encóntrase no distrito de Braga, a unha media hora en coche dende Oporto. Trátase dunha localidade que posee un enorme caudal arquitetónico medieval, polo que foi declarada pola UNESCO Patrimonio da Humanidade. Debido o seu pequeno tamaño, pódese percorrer totalmente a pé nunha tarde.

Largo do Toural

Despois de coller un mapa na Oficina de Turismo, dispoñemos da nosa última tarde, para visitar Guimarães. A dous minutos andando dende a Oficina de Turismo atopamos o Largo do Toural. Esta praza é unha prolongación da Alameda S. Dâmaso, e está considerada como o centro neurálxico da cidade. A fonte central está rodeada de xardíns moi cuidados con flores de cores e pequenos setos que forman dibuxos xeométricos. Frente a praza está a Igrexa de San Pedro do século XVII. 


Casco histórico

Cando nos adentramos na cidade, e miras o teu arredor, observas pequenas casas, rúas estreitas, avenidas barrocas, balcóns de madeira que brindan un espectáculo doutro tempo. 


No centro do casco histórico encontramos o Largo da Oliveira, onde se atopa o Padrão do Salado, un templo gótico que ten un cruceiro no seu interior e que foi mandado construir por Alfonso IV no século XIV. É un monumento conmemorativo da Batalla do Salado.

Seguimos camiñando e atopamos a seguinte praza, a Praza de Santiago, é a praza máis dinámica da vila,  e chea de restaurantes onde podrás comer os pratos típicos da zona. Neste video podes ver a praza.




Outras visitas

A 10 minutos camiñando tranquilamente polo casco histórico, visitamos o Pazo dos Duques de Bragança.

É unha construcción do séculos XV con 39 chimineas de ladrillo, hoxe é un gran museo onde se gardan distintos artefactos de gran valor.
O lado desta construcción está a Capela de San Miguel. É unha igrexa románica do século XII declarada Monumento Nacional. Existe a lenda de que o primeiro rei de Portugal naciu  no castelo e foi bautizado nesta igrexa. Actualmente está vacía pero pódese visitar gratuitamente de 10h as 18h.

O seguinte monumento é o Castelo de Guimarães. Está clasificado como Monumento Nacional dende 1910 e foi construido para defenderse dos ataques dos moros. Consta de 7 torres, destacando especialmente a Torre de Homenaxe de 28 metros de altura. A entrada é totalmente gratuita.






Largo S. Gualter e a República do Brasil

Rematando xa ca nosa ruta, non pode acabar mellor que visitando a Igrexa de San Gualter, dedicada o patrón da vila e construida no século XVIII.  O seu carácter neo-barroco apreciase no abombamento da súa fachada, que parece que vai estalar en calquer momento, como se aprecia no seguinte video.
O entorno pareceume unha auténtica maravilla xa que se atopa o final do Largo da República do Brasil, unha amplia avenida con fermosos xardíns e grandes esculturas. No seu interior hai numerosos retablos e obras relixiosas. 
Realmente merece a pena visitala. A entrada é libre.

E para rematar...

A nosa aventura rematou aqui, asique despidome cun canto popular de Portugal, o Fado. Espero que vos guste pero sobretodo que disfrutarades desta ruta como eu o fixen.

    "Leva-me aos Fados"
            Ana Moura