1ª parada: Braga



Despois de recorrer case 200 kms, chegamos a fronteira de Portugal, a nosa primeira parada é  Braga, cidade histórica situada no norte de Portugal e considerada con un dos centros culturais do país. Despois de deixar as maletas no hotel, dispoñemosnos a percorrer a cidade a pe. A Oficina de Turismo de Braga encontrase na Plaza da República, é un edificio de forma redondeada que fai esquina ca Avenida da Liberdade.

Paradas obligatorias no centro de Braga

O centro de Braga considerase a praza da República, unha xigantesca praza rectangular e peatonal que sempre está moi concurrida. Ten tres grandes fontes que pola noite se iluminan facendo xogos de luces de cores. Nesta mesma praza está o edificio da Arcada onde se encontra o Cafe Vianna. Quizáis éste sea un dos cafés máis emblemáticos de Braga e ademáis un dos que poseen unha maior historia.




Despois do café, visitaremos a Torre do Homenaxe, é o único que se conserva do Castelo de Braga e está declarada Monumento Nacional. Foi mandada construir polo rei Dinis, o que máis destaca da súa fachada é o seu escudo.
Actualmente, as súas tres plantas utilízanse para salas de exposicións.

A seguinte parada é o  Museo dos Biscainhos, ainda que a fachada non lle atopei  ningún interés, os interiores son espectaculares. Paredes cubertas de azulejos, fermosos teitos e pinturas artísticas do século XVIII. Poderás visitar o museo só por dous euros e con guías especializados onde che explican a historia do edificio e os obxetos de vidrio, cerámica, mobiliario e textil.






A continuación escoitaremos a pequena explicación que nos ofreceo o guía do Museo dos Biscainhos:
“Chámase os “Biscainhos” porque no século XVI, a Familia dos Bizcaia foron a traballar a Braga, e é por iso que se chama así. Ésta parte é a máis importante de Braga, é foi propiedade duns Condes pero que non teñen nada que ver cos Biscainhos.[...] Agora é un museo, antes chamábase Casa dos Biscainhos e despois Palacio dos Biscainhos. Actualmente pertence o Instituto dos museos e a súa conservación.”

Antes de marchar, non se olvide de pasear polos xardíns cunha decoración única e de varios niveis que reflexan as maravillas do Barroco.


Seguimos camiñando e encontramosnos co Arco da Porta Nova, é a porta de entrada de Braga tamén declarada como Monumento Nacional no 1910. A construcción desta porta marca o momento en que a cidade comezou a medrar.



Últimas visitas...

Continuamos a nosa visita ata chegar a Sé Catedral, considerada como un dos templos románicos máis importantes da cidade. A igrexa ten tres naves separadas entre sí por columnas que forman arcos de medio punto. Os teitos son abovedados e están decorados enteiramente con frescos.







E para acabar a nosa visita en Braga, rematamos no Café Brasileira, aberto dende 1907. Foi un dos refuxio dos intelectuais, incluido poeta portugués Fernando Pessoa. 



Outras visitas

Outra visita que podemos facer, e por suposto non menos interesante, é a Universidade do Minho, unha das máis recoñecidas e fundada en 1973.

Cerca do centro encontramos tamén o antigo Palacio Arcebispal, actualmente é o edificio do rectorado da Universidade e a Biblioteca Pública. É de época medieval e no interior hai un gran xardín rectangular.
Preto deste edificio descubrimos os Xardíns de Santa Barbara, onde se reunen máis de 25000 flores de tódolas cores posibles.




O edificio que rodea os xardíns é o Pazo Medieval de Braga. É un edificio medieval, construído polos arcebispos Gonçalo Pereira e Fernando da Guerra dos séculos XIV-XV.

É unha edificación sóbria, con aparencia de fortificación que destaca pola solidez dos bloques graníticos e os arcos oxivais.











Santuario de Sameiro

Dende o Bom Jesus, a media hora andando, poderás disfrutar das mellores vistas dende o Santuario de Sameiro. É o centro de maior devoción de Portugal, chegando a atraer a miles de devotos. O Santuario é de estilo neoclásico do século XIX.