Paradas obligatorias no centro de Braga

O centro de Braga considerase a praza da República, unha xigantesca praza rectangular e peatonal que sempre está moi concurrida. Ten tres grandes fontes que pola noite se iluminan facendo xogos de luces de cores. Nesta mesma praza está o edificio da Arcada onde se encontra o Cafe Vianna. Quizáis éste sea un dos cafés máis emblemáticos de Braga e ademáis un dos que poseen unha maior historia.




Despois do café, visitaremos a Torre do Homenaxe, é o único que se conserva do Castelo de Braga e está declarada Monumento Nacional. Foi mandada construir polo rei Dinis, o que máis destaca da súa fachada é o seu escudo.
Actualmente, as súas tres plantas utilízanse para salas de exposicións.

A seguinte parada é o  Museo dos Biscainhos, ainda que a fachada non lle atopei  ningún interés, os interiores son espectaculares. Paredes cubertas de azulejos, fermosos teitos e pinturas artísticas do século XVIII. Poderás visitar o museo só por dous euros e con guías especializados onde che explican a historia do edificio e os obxetos de vidrio, cerámica, mobiliario e textil.






A continuación escoitaremos a pequena explicación que nos ofreceo o guía do Museo dos Biscainhos:
“Chámase os “Biscainhos” porque no século XVI, a Familia dos Bizcaia foron a traballar a Braga, e é por iso que se chama así. Ésta parte é a máis importante de Braga, é foi propiedade duns Condes pero que non teñen nada que ver cos Biscainhos.[...] Agora é un museo, antes chamábase Casa dos Biscainhos e despois Palacio dos Biscainhos. Actualmente pertence o Instituto dos museos e a súa conservación.”

Antes de marchar, non se olvide de pasear polos xardíns cunha decoración única e de varios niveis que reflexan as maravillas do Barroco.


Seguimos camiñando e encontramosnos co Arco da Porta Nova, é a porta de entrada de Braga tamén declarada como Monumento Nacional no 1910. A construcción desta porta marca o momento en que a cidade comezou a medrar.



No hay comentarios:

Publicar un comentario