Outras visitas

Outra visita que podemos facer, e por suposto non menos interesante, é a Universidade do Minho, unha das máis recoñecidas e fundada en 1973.

Cerca do centro encontramos tamén o antigo Palacio Arcebispal, actualmente é o edificio do rectorado da Universidade e a Biblioteca Pública. É de época medieval e no interior hai un gran xardín rectangular.
Preto deste edificio descubrimos os Xardíns de Santa Barbara, onde se reunen máis de 25000 flores de tódolas cores posibles.




O edificio que rodea os xardíns é o Pazo Medieval de Braga. É un edificio medieval, construído polos arcebispos Gonçalo Pereira e Fernando da Guerra dos séculos XIV-XV.

É unha edificación sóbria, con aparencia de fortificación que destaca pola solidez dos bloques graníticos e os arcos oxivais.











No hay comentarios:

Publicar un comentario