Gastronomía

En todo Portugal podemos comer unha gran variedade de pratos exquisitos. Algo que destacar na gastronomía portuguesa son os seus pescados, mariscos e os seus viños.  Durante a nosa ruta puidemos probar algún manxar por un prezo moi asequible.
Moitos dos platos de Portugal  son orixinarios de Oporto, isto non é casualidade senon que ten unha explicación histórica. Aparentemente, a principios do século XV mentras se planificaba a conquista de Ceuta, os habitantes da cidade de Oporto concentraron toda a carne dispoñible que tiñan para entregárllas os soldados para as viaxes e as batallas. E por iso que se coñecen os portugueses dende ese momento como "tripeiros". De ahí que o prato obligado a probar sean as “tripas à moda do Porto”.





Outro plato a degustar é a "Francesinha", un sándwich feito de pan, varios tipos de carne cuberto por queixo e unha salsa picante feita de tomates e cervexa. Este plato pódese acompañar con patacas fritidas e ovo frito.  En calquera cidade do norte de Portugal poderá comer a auténtica Francesinha, pero realmente non existe unha receta particular xa que se pode facer de moitas maneiras. 

Neste video podemos ver como se fai.




En canto os pescados, ricos e abundantes en Portugal, podrás escoller numerosos pratos feitos con bacallao. O máis popular é o Bacallao à moda de Oporto. Por último, un prato que poderás probar en Portugal é o arroz caldoso de marisco. Sírvese en cazuela e o seu sabor é  inesquecible.

Cada prato esixe un viño determinado pero non cabe dúbida que o viño Oporto é o mellor.