Ainda que Oporto é unha cidade que se pode percorrer andando perfectamente, hai certos lugares que é case imprescindible utilizar transporte público.
METRO: O metro consta de 5 líneas. Realmente para o turista, non é o medio máis utilizado, xa que tedes que ter en conta que con él non se pode chegar ata a mayoría dos lugares de interés turístico.
TRANVÍAS: Converteuse nun atractivo turístico máis que un medio de transporte. Na actualidade tan solo funcionan media ducia, pero non deixan de ter certo encanto o dar un paseo nestes antigos carros eléctricos polo centro da cidade.
FUNICULAR: O funicular, máis coñecido como Funicular dos Guindais, constitúe dunha maneira elegante e pouco convencional de moverse entre os diferentes niveis da cidade.
AUTOBUSES: Se ben é a única forma de chegar a certos sitios sen camiñar, o autobús é un dos medios que non recomendo utilizar, xa que constantemente toman curvas imposibles en costas moi impinadas de forma que os viaxeiros deben agarrarse forte.
TAXIS: Os taxis son relativamente baratos e son bos para facer algúns traxectos. Todos os taxis son de color beige ou negros co teito verde.